CONVOCATORIAS

 Consulta as convocatorias abertas e as datas clave para participar.

CONVOCATORIA DE PROGRAMACIÓN ARTÍSTICA

Do 1 ao 31 de xullo de 2026

A programación artística de PALCO pretende reunir unha selección de proxectos musicais que amosen a diversidade, a calidade e o momento creativo da música galega actual.

Se queres tocar en PALCO, diante de profesionais do sector, preséntanos o teu proxecto.

Prazo de inscrición: do 1 ao 31 de xullo de 2026.

Consulta as bases da convocatoria

Formulario para participar

CONVOCATORIA DE PRESENTACIÓNS BREVES | PITCHINGS

Do 1 ao 31 de agosto de 2026

PALCO abre unha convocatoria para a presentación de proxectos, iniciativas e propostas vinculadas á industria musical.

Estas pequenas presentacións, de 5 minutos de duración máxima, están pensadas como un espazo para dar a coñecer ideas, servizos, ferramentas ou proxectos ante profesionais do sector, favorecendo a creación de contactos, colaboracións e novas oportunidades.

Prazo de inscrición: do 1 ao 31 de agosto de 2026.

INSCRICIÓNS PROFESIONAIS

Desde o 1 de agosto de 2026

A acreditación profesional de PALCO permite acceder a todas as actividades do encontro e participar nos espazos profesionais do Museo Centro Gaiás.

Inscricións abertas desde o 1 de agosto de 2026.

Nas datas sinaladas, nesta páxina web publicaremos as bases de cada convocatoria e activaremos os formularios para realizar as solicitudes de participación.