Desde a Xunta Directiva de AGEM, organizadora de PALCO xunto á Xunta de Galicia, decidimos outorgar o recoñecemento á Persoa do Ano 2026 á Fundación Paideia. Este recoñecemento responde ao seu compromiso sostido coa industria musical galega e a una labor de acompañamento, formación e profesionalización cuxo valor é difícil de cuantificar. Desde unha posición sen ánimo de lucro, Paideia leva anos ofrecendo ferramentas, oportunidades e apoio a artistas e proxectos emerxentes, contribuíndo a que o talento poida desenvolverse e atopar o seu lugar no sector.
A achega da Fundación Paideia vai moito máis alá da formación: representa unha guía constante para quen comeza, unha oportunidade para adquirir capacidades profesionais e un impulso decisivo para que novas propostas musicais poidan medrar, gañar visibilidade e construír unha traxectoria. Recoñecer á Fundación Paideia é recoñecer tamén a importancia de traballar colectivamente polo futuro da música galega, investindo nas persoas, no talento e nas condicións que fan posible unha industria máis sólida, preparada e sostible.