Votación popular

Os Premios PALCO 2026, impulsados por AGEM e a Xunta de Galicia, abren a votación popular para elixir o Premio á Excelencia na Experiencia do Público 2026. Con este galardón, a Asociación Galega de Empresas Musicais quere recoñecer aqueles festivais, concertos, salas e proxectos musicais que destacan pola organización, a atención ao público, a accesibilidade, os servizos, o ambiente ou o coidado de cada detalle, poñendo ás persoas espectadoras no centro e ofrecendo unha vivencia inesquecible.

Nesta categoría, a audiencia é a que conforma o xurado que decidirá o proxecto que merece este recoñecemento. O público poderá votar a súa candidatura ata o día 27 de outubro, ás 23.59 horas, a través do formulario:

Só se permite un voto por persoa e cada persoa poderá propoñer unha única candidatura. Ademais, entre as persoas participantes válidas, AGEM sorteará dúas entradas para asistir á gala dos Premios PALCO 2026.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar