Finalistas

PALCO, o primeiro punto de encontro da industria musical que se celebrará en Galicia, organizado por AGEM e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e os Concertos do Xacobeo, co apoio da Deputación da Coruña, acollerá a velada do martes, 3 de novembro, a celebración da segunda edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, rebautizados como Premios PALCO, que xa teñen finalistas para este 2026.

As candidaturas foron elixidas por un xurado profesional composto polas asociacións AGEM, AGATEC, TESGAL, AGPXC e CLUBTURA, xunto ás e aos gañadoras e gañadores da pasada edición dos premios. Deste xeito, foron seleccionados un total de 42 proxectos finalistas, 3 por cada unha das 14 categorías xerais contempladas nos premios.

FINALISTAS DOS PREMIOS PALCO 2026

As iniciativas e profesionais nomeados e nomeadas nas diferentes categorías xerais dos Premios PALCO 2026 son:

Mellor deseño de iluminación

  • Álvaro Moreno (The Rapants)
  • Gabriel Alvarado (Treixadura)
  • Laura Iturralde e José Faro (Gala i Ovidio)

Mellor implementación de son

  • Nerea Bello (Bala)
  • Ricardo Barroso (The Rapants)
  • Rubén Montes (Carlos Ares)

Mellor produción de servizos

  • Emsac
  • Global Setup
  • Kachet

Mellor profesional de produción

  • Adela Otero
  • María Galdón
  • Olalla Camaño

Mellor manager

  • Aitana Cuétara (Luneda)
  • Álvaro Creo (Off Stage)
  • Alberto Lora & Carles Montalt (Galunk)

Mellor produción discográfica

  • Dani Cornes e Crnds (Aquí sempre tes casa, Dani Cornes)
  • Iago Pico, Gabi Fernández e Tanxugueiras (O Cuarto, Tanxugueiras)
  • Xoel López e Adrián Seijas (Oniria Popular, Xoel López)

Mellor posta en escena

  • As dúas e punto (Tertúlia, Fillas de Cassandra)
  • Laura Iturralde e José Faro (Gala i Ovidio)
  • The Rapants crew (Rapants Club)

Mellor promotor / programador

  • Alberto Alfonso (Art Music Agency)
  • David Pedrouzo (Todomedre)
  • Suso Santamaría e Iván Viturro (A Pousada da Galiza Imaxinaria)

Mellor proxecto de comunicación

  • EmigraSON
  • Lucía Pita (Tertúlia, Fillas de Cassandra)
  • PortAmérica

Mellor identidade visual

  • Julia Salgado Barca, Mar Suárez e Agustina Shuan (Anfibia por veces, Antía Muíño)
  • Melania Freire (De Ninghures)
  • Zeltia Iglesias (Mondra)

Mellor videoclip

  • Daniel Pérez, El Membrillo (subir subir, Karmento & Mondra ft. El Nido)
  • Daniela Rey Faraldo (Simplemente, Candela Liste)
  • Juan Barbazán, Sergio Goce e Manuel Seoane (Non sei como, The Rapants)

Mellor evento cultural / musical

  • AC Fanto Fantini - Osa do Mar
  • PortAmérica
  • Resurrection Fest

Mellor espazo musical

  • A Cofradía Taberna Cultural
  • Mardi Gras
  • Sala Rebullón

Mellor proxecto de sustentabilidade

  • Arteficial
  • PortAmérica
  • Sinsal

Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionará ás persoas gañadoras en outras 2 categorías: artista do ano e persoa do ano, que pronto se darán a coñecer, mentres que o público poderá elixir, por votación popular, o Premio á Excelencia na Experiencia do Público.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar