Coñece polo miúdo os obradoiros que forman parte da programación profesional deste primeiro encontro da industria musical celebrado en Galicia.
Serán dúas xornadas para falar de supervisión musical, do Estatuto do Artista, de dereitos de autor, axudas e subvencións, fiscalidade, directo ou Lei de Espectáculos, con persoas e entidades especializadas en cada ámbito.
Os Obradoiros PALCO terán lugar os días 4 e 5 e novembro, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O acceso é libre coa entrada profesional do encontro, sen necesidade de inscrición previa.
Se aínda non tes a túa entrada profesional, rexístrate e merca aquí o teu pase: