SEIS MESAS DE TRABALLO SOBRE OS RETOS DA INDUSTRIA MUSICAL

 A programación de PALCO LAB concentrará seis mesas de traballo os días 4 e 5 de novembro no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Os encontros estarán dedicados a cuestións estratéxicas que afectan directamente á actividade profesional e ao desenvolvemento da industria musical, desde os procedementos de contratación pública ata a sustentabilidade económica, a formación e a coordinación sectorial. As sesións abordarán os seguintes contidos:

Estas mesas concíbense como espazos de traballo arredor de cuestións sensibles e de especial relevancia para distintos ámbitos da industria, co obxectivo de compartir diagnósticos, identificar necesidades e avanzar en propostas e liñas de acción comúns. Pola súa natureza sectorial, o acceso a información adicional e ás inscricións nestas sesións realizanse a través da área privada da web de PALCO, reservada ás persoas acreditadas.

Mércores 4 de novembro

11:00 - 12:30h
LABS

PALCO LAB 1. Contratación artística no ámbito público.

Procedementos, criterios e simplificación administrativa.
12.30 - 14.00h
LABS

PALCO LAB 2. Contratación de servizos no ámbito público.

Procedementos, criterios e simplificación administrativa.
16.00 - 17.30h
LABS

PALCO LAB 3. Circulación musical. Tecer a rede entre salas e festivais.

Asentamento de acordos previos que garantan a construción dun ecosistema real de colaboración.

Xoves 5 de novembro

11:00 - 12:30h
LABS

PALCO LAB 4. Profesionalización, formación e relevo xeracional.

 
12:30 - 14:00h
LABS

PALCO LAB 5. Axenda compartida da industria musical galega.

Axenda compartida da industria musical galega. Prioridades e accións sectoriais 2027.
16:00 - 17:30h
LABS

PALCO LAB 6. Sustentabilidade económica e financiamento da industria musical.