PRESENTAR PROXECTOS E COÑECER O TEIXIDO ASOCIATIVO
PALCO PITCHINGS será o espazo para dar a coñecer iniciativas, propostas e servizos vinculados á industria musical, así como para descubrir o traballo das asociacións profesionais que representan os seus distintos ámbitos.
A programación estrutúrase en dúas modalidades complementarias. PALCO PITCH permitirá presentar proxectos en primeira persoa mediante intervencións breves de cinco minutos, orientadas a xerar contactos e oportunidades de colaboración. PALCO ASOCIA, pola súa banda, ofrecerá presentacións de 20 minutos para coñecer as asociacións profesionais, os sectores aos que representan, o traballo que desenvolven e as posibilidades de participación que ofrecen.